jueves, 29 de marzo de 2012

RUTA TURÍSTICA DE VALDOVIÑO - 7 DE ABRIL

A proba, de algo menos de 130 Kms divididos en tres seccións, comezará no Parking da praia de Meirás o sábado pola tarde, onde os participantes deberán estar con anterioridade no Café-Bar Muramar para coñecer o seu lugar de saída e comezar o primeiro equipo ás 16:30 horas.

O percorrido transcurre íntegramente polo Concello de Valdoviño, tendo previstos dous reagrupamentos na Discoteca Maravilla, en Vilaboa, polo que se algún dos participantes desistise en algunha das dúas primeiras seccións tería que ir ata ese punto para retomar a actividade.

A chegada e final terá lugar no Restaurante A Ramalleira, en Pantín, cunha posterior cea de confraternización e celebrando a entrega de Trofeos e Diplomas ó rematar.

O menú previsto consiste en Paella (1º prato), carne asada con patacas e ensalada (de 2º prato) e postre e café.

O custo da inscrición fíxase en 35 € (piloto e copiloto), e poden apuntarse cubrindo os Boletíns que atoparán tanto no Café-Bar Muramar como na zona do Bar na Discoteca Maravilla, abonando neses mesmos lugares o importe. A data límite para inscribirse é o mércores 4 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACUERDO CAMPEONATO

REGLAMENTO